Repenicas enriba da mesa ao compás da muiñeira? Vánseche os pés marcando un punto do pateado?
Interritmos é a túa oportunidade de gravar un tema e un videoclip de xeito profesional.
Inscríbete como músico, grupo ou banda!

CONCURSO DIRIXIDO A MÚSICOS, GRUPOS E BANDAS INSTRUMENTAIS E/OU VOCAIS, COMPOSTOS POR UN MÁXIMO DE 8 INTEGRANTES, DEDICADOS Á MÚSICA TRADICIONAL OU QUE BEBAN DA MÚSICA DE RAÍZ.

Interritmos segue mantendo o formato de concurso na rede, seguindo as pautas da edición pasada.

Baixo o título “Sons do Rural”, este concurso organizado polos Grupos de Desenvolvemento Rural, Asociación de Desarrollo Local DeloaRibeira Sacra-Courel , Salnés Ulla Umia e a Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes, todos eles recoñecidos como entidades colaboradoras da Consellería de Medio Rural para a aplicación dunha Estratexia de Desenvolvemento Local na medida Leader de Galicia, cofinanciada co FEADER, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 en virtude dos convenios formalizados o 13 de decembro de 2016 coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), modificado mediante addenda ao convenio asinada o 11 de decembro de 2020, fai fincapé na  importancia de desfrutar da música en directo, porén, nace o Encontro Musical, onde seis (6) finalistas nos deleitarán coas súas músicas no Náutico de San Vicente do Mar.  O  xurado presente seleccionará dúas (2) propostas que participarán nun CIRCUÍTO MUSICAL, actuando en directo nos territorios do GDR Deloa, do GDR Ribeira Sacra-Courel e do GDR Asdecomor, e como novidade nesta edición, tamén actuarán no Festival da Luz (Boimorto).

Así mesmo, o premio inclúe a gravación dunha peza que procederá de traballos de recollida do ámbito de actuación dos territorios de DELOA, Ribeira Sacra-Courel, Asdecomor e/ou Salnés Ulla Umia e dun vídeo promocional, nun estudo de gravación profesional.

Poderedes participar como músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, sempre que os vosos traballos versen ben, na recreación ou evolución de pezas tradicionais, ben en pezas de nova creación que beban da música de raíz, inscribíndovos na plataforma que habilitaremos nesta web, desde o 25 de abril ao 16 de maio antes das 14.00 horas de 2022.

FASES DO CONCURSO

INSCRICIÓN
iconoinscripcionBYN

25/04/22 – 16/05/22

XURADO PROFESIONAL
iconojuradogris

23/05/22

AUDICIÓN
iconoaudiciongris

NÁUTICO DE SAN VICENTE

(O GROVE)

04/06/22

GAÑADORES
primero

04/06/22

Comparte Interritmos nas túas redes sociais.

 

 

Lin e acepto os termos e condicións

 

 

Financian:
interritmos-financian
Organiza:
interritmos-organizan

Aviso Legal – Política de privacidade

Política de cookies

Interritmos © 2022

Todos os dereitos reservados