Sábado, 4 de xuño – Náutico de San Vicente do Mar (O Grove)
13:00 – 14:00 h. XORNADA.
Ao son do Tradi-Trap. A creatividade e a creación van ligadas cun fío vermello e ambas, se adaptan aos tempos. Podemos falar do proceso de reinterpretación, entendéndoo como aceptación do novo, adaptándoo ao contexto xeral da cultura tradicional do momento e do lugar.
RELATORES
Xaquín Xesteira: Fundador e gaiteiro de Treixadura.
Ortiga: Músico, cantante e compositor.
16:00 – 18:00 h. AUDICION FINAL
Actuacións dos 6 finalistas de Interritmos Sons do Rural e selección dos gañadores.
XURADO
Fransy González, Olga Kirk, Chema Cebeiro e Santi Castromán.
Sábado, 3 de setembro – Muiño de Pozo do Cachón, Muros
19:00-19:30 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SON DO RURAL
As mans da arte musical. Detrás do son e dunha bela melodía, no só atopamos o talento do/a músico/a que a interpreta, senón a destreza e enxeño da persoa que creou o/os instrumentos para conseguir o son perfecto.
RELATORES
Susana Seivane: Gaiteira, herdeira de tradición con aire fresco.
Antón Corral: Gaiteiro e artesán de instrumentos musicais galegos.
20:45 – 21:15 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
21:30 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS LOCAIS
Venres, 30 de setembro – Aula de natureza das Brañas de Valga Visantoña – Mesía (A Coruña).
19:00-19:30 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
19:30 – 20:30 h. XORNADA
Cocendo melodías. As mans executan o que a mente descorre, dando lugar a un produto,
in/tanxible, que é apreciado polos sentidos. Per se, cocer é arte, mais se a mesturamos coa creatividade da lugar a artistas que transmiten o bo facer que chega a nós.
RELATORES
Uxía Senlle: Cantante galega.
Elías González: Artesano da Rectoral de Gundivós
20:45-21:15 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
21:30 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS LOCAIS
Venres, 7 de outubro – Aldea BIC de Froxán, Folgoso do Courel
18:30 – 19:30 h. XORNADA – As Voces dos Lugares. O territorio fala á quen lle quere oír, transmite a quen lle quere escoitar e cántalle a quen o quere sentir.
RELATORES
Bieito Romero: Gaiteiro, compositor e creador de Luar Na Lubre.
Evaristo Méndez: Xestor da Festa da Pisa da Castaña do Courel
19:30 – 20:00 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
20:15 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS
Sábado, 8 de outubro – Alvariza de Pedro Pardo na ruta de San Mamede, Triacastela.
13:00 – 14:00 h. XORNADA Música e danza, foliada asegurada. Se es quen de bailar e cantar nunha verbena, atréveste a facelo nun Serán aberto?
RELATORES
Quique Peón: Profesor, investigador e creador de danza tradicional galega.
Leni Pérez: Investigadora e mestra da música tradicional.
14:30 -15:00 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
15:00 h DEGUSTACIÓN PRODUTOS LOCAIS