INTERRRITMOS: SONS DO RURAL

“A esencia da nosa cultura chéganos a través da oralidade, dos oficios e o arte. Un gran legado in/material que conforma un macrocosmos, onde todo ten o seu lugar e funciona en harmonía grazas á sinerxia do mesmo coa súa contorna e o co traspaso dos tempos»

Presentadora: Julia Pozo. Mestra e investigadora de música e bailes tradicionais.

INSCRIPCIÓNS ABERTAS

Sábado, 10 de xuño – Náutico de San Vicente do Mar (O Grove)

12:00 – 13:15 h. CONCURSO MUSICAL

Actuación dos 4 finalistas de Interritmos
Sons do Rural.

13:15 – 14:00 h. XORNADA

Os sons nos directos. A música en directo transmite os sentimentos que emanan da voz e/ou dos instrumentos que estamos a escoitar.

Isto é posible grazas a man cualificada que argalla, entre botóns, nunha mesa de son.

RELATORES

Fernando Campos: Enxeñeiro técnico, arreglista e Produtor musical, EDisco (A Estrada).

Ovidi Graells: Enxeñeiro técnico, arreglista e Produtor musical, Graells So i Illums SL (Barcelona).

16:00 – 18:00 h. CONCURSO MUSICAL

Actuación dos 6 finalistas de Interritmos Sons do Rural e selección dos gañadores.

XURADO

Patricia Hermida, Santi Castromán e Chema Cebeiro.

Sábado, 1 de xullo – Paseo do Río Narla,ao lado do Club Fluvial (Friol)

18:30 – 19:00 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL (MAGHÚA)

19:00 – 19:45 h. XORNADA

Son con sabor a tizón. As voces dos lugares chegan a nós, como suave melodía, da man da sabedoría das nosas xentes que gardan no seu maxín o valor dun presente pasado. 

RELATORES

Xosé Antón Fernández (Xosé Ambás): Serie documental Camín de Cantares, TPA.

Olga Kirk: Música e investigadora do patrimonio inmaterial.

19:45 – 20:15 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL (FIXE TRÍO)

20:15 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS

Venres, 15 de setembro – Praza pública da Ponte Carreira (Frades)

19:30 – 20:00 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL (LENI PÉREZ & ROBERTO COMESAÑA)

20:00 – 20:45 h. XORNADA

Xunco, vimbio e palla. A creación, con fibras de orixe vexetal, de obxectos e utensilios, reflexa as actividades levadas a cabo nos territorios e o seu legado cultural, a creatividade das mans artesanais, e as tradicións e modas do lugar.

RELATORES

Álvaro M. Leiro: Cesteiro, Pazos de Borbén (Pontevedra). 

Rosa Oliveira: Cesteira, Braga (Portugal).

20:45 – 21:15 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL (AS LEMBRANZAS)

21:15 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS

Venres, 22 de setembro. Pazo de Goiáns (Boiro)

18:30 – 19:00 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL (LENI PÉREZ & ROBERTO COMESAÑA)

19:00 – 19:45 h. XORNADA

A hucha da avoa. As vestiduras falan do territorio mais non son alleas ás influencias externas. As modas van e veñen, mais sempre gardamos un SOMBREIRO que rememora o que foi e non deixa de ser.

RELATORES

Sandra Alvite: Fundadora deTrenzarte, San Cosme de Antes (Mazaricos).

Mª José Gonzáles Roncero: La Gorra, Montehermoso (Cáceres).

19:45 – 20:15 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL (MAGHÚA)

20:15 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS

Venres, 6 de outubro. Capela do Ciprés, Samos

18:30 – 19:00 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL (AS LEMBRANZAS)

19:00 – 19:45 h. XORNADA «Ao son dunha culler».

Relatoras: Vanesa Muela e Felisa Segade.

19:45 – 20:15 h. ACTUACIÓN DE MAGHÚA.

20:15 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS

Sábado, 7 de outubro. Praza do Concello. As Nogais

12:30 – 13:00 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL (FIXE TRÍO)

13:00 – 13:45 h. XORNADA «A herdeira do organistrum»

Relatores: Xaneco e Fran Allegre

13:45 – 14:15 h. ACTUACIÓN DE A.C. ABRENTE

14:15 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS

Lin e acepto os termos e condicións

Financian:
interritmos-financian
Organiza:
interritmos-organizan

Aviso Legal – Política de privacidade

Política de cookies

Interritmos © 2022

Todos os dereitos reservados