¡ATENCIÓN!

Lembramos que no concurso #InterritmosSonsnoRural só se permite participar con 1 tema por solista ou grupo. Á hora de enviar a túa inscrición, asegúrate de que a páxina desde a que se xera o iframe corresponde a un tema e non a un álbum. Para facelo, fíxate na URL:

  • ESTRUTURA CORRECTA: https: // soundcloud.com/teugrupo/teutema
  • ESTRUTURA INCORRECTA: https: //soundcloud.com/teugrupo/sets/teualbum

PASO 1

Para crear a túa conta en SoundCloud, fai click en “Sube la tuya” e indica o teu enderezo electrónico e contrasinal.

PASO 2

Arrastra o arquivo co teu tema, deixando marcada a opción de privacidade pública.

PASO 3

Sube unha imaxe a modo de carátula e engade o título do tema.

PASO 4

  1. Vai á páxina do tema de Soundcloud co que queiras participar..
  2. Fai clic no botón «Compartir«, xusto debaixo do reproductor.

PASO 5

  1. Unha vez aberto o pop-up de compartir, selecciona integrar.
  2. Debes seleccionar o estilo do iframe que vas xerar. Debes seleccionar o marcado na imaxe.
  3. Ademais deberás introducir a cor de acento do reprodutor o cal será #000000.

COPIA O IFRAME XERADO

Unha vez remates de configurar o iframe como che indicamos, só tes que copiar o código xerado automaticamente na parte que se indica da imaxe e pegalo no noso formulario de inscrición, xunto ao resto de datos que se solicitan.

Financian:
interritmos-financian-23-841x68
Organiza:
interritmos-organizan-23

Aviso Legal – Política de privacidade

Política de cookies

Interritmos © 2023

Todos os dereitos reservados