INTERRITMOS: SONS DO RURAL ACHEGA A OPORTUNIDADE A MÚSICOS, BANDAS E GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL OU DE RAIZ DE ACTUAR NO NÁUTICO DE SAN VICENTE DO MAR (O GROVE), NOS TERRITORIOS DOS GDR DELOA, GDR RIBEIRA SACRA COUREL E GDR ASDECOMOR E DE GRAVAR NUN ESTUDO PROFESIONAL

Cubre o formulario de inscrición e presenta un tema de música tradicional ou de raíz a través da plataforma web de non máis de 5 minutos.
O prazo de inscrición estará aberto desde as 12:00 pm do 25 de abril até as 14:00 do 16 de maio.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o noso xurado profesional seleccionará aos 6 finalistas que tocarán no Encontro Musical, no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove, do que sairán os 2 gañadores.

XURADO

ChemaCebeiro Cuadrada

Chema Cebeiro

Mestre e investigador etnográfico

olga-kirk

Olga Kirk (Presidenta)

Mestra e investigadora de música e baile tradicionais

deloa

Santi Castromán

Docente e profesional da industria cultural e audiovisual (Representante do Festival da Luz)

FransyGozalez

Fransy González

Transmisora oral da nosa música tradicional

PREGUNTAS FRECUENTES

Interritmos está destinado a músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, que os seus traballos versen ben, na recreación ou evolución de pezas tradicionais, ben en pezas de nova creación que beban da música de raíz. Os participantes deben ser maiores de idade e residentes no estado español. Non poderán participar os membros dos equipos técnicos da Organización nin os seus familiares directos. Para poder formalizar validamente a inscrición é preciso que todos os/as músicos/as e membros do grupo ou banda participantes estean dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos e/ou constituídos nalgunha das formas xurídicas previstas pola normativa vixente.

Podes presentar a túa proposta a través do formulario na web interritmos.deloa.es entre o 25 de abril e o 16 de maio.

No caso de grupos nos que algún dos seus membros sexa menor de idade, poderán presentar a súa candidatura sempre que se trate de grupos integrados na súa maioría por persoas maiores de idade, na que o integrante designado representante do grupo solicitase os consentimentos preceptivos dos pais, nais ou titores dos menores.

Non, só poderá haber unha participación por banda ou grupo.

Para participar, cubre os datos do formulario de participación e copia o iframe de SoundCloud dun dos vosos temas e pégao no formulario de inscrición da plataforma Interritmos. Como o fago?

Os dous premiados participarán nun CIRCUÍTO MUSICAL, actuando en directo nos territorios do GDR Deloa, o vindeiro 3 de setembro, do GDR ASDECOMOR, o 30 de setembro e do GDR Ribeira Sacra-Caurel, o 7 e 8 de outubro de 2022. Os circuítos musicais levaranse a cabo nalgunha das paraxes dos territorios do ámbito de actuación dos GDRs. Tamén formará parte do premio o dereito a participar nesta edición no Festival da Luz, celebrado en Boimorto, A Coruña.

Así mesmo, terán dereito á gravación dunha peza que procederá de traballos de recollida do ámbito de actuación dos territorios dos GDRs e dun vídeo promocional nun estudo de gravación profesional. As gravacións da peza musical e do vídeo promocional produciranse nunha xornada de traballo e realizaranse nas seguintes datas: 11 e 12 de xuño, 25 e 26 de xuño e/ou 2 e 3 de xullo.

Ademais, os GDRs Asociación de Desarrollo Local Deloa, Ribeira Sacra-Courel e Asdecomor, aboarán aos gañadores unha gratificación en metálico pola súa participación nos circuítos musicais que se desenvolvan nos seus territorios.  O importe será de 240 euros, en caso de agrupacións de ata catro (4) integrantes, incrementándose proporcionalmente segundo o número de participantes (ata un máximo de 480 euros).

Lin e acepto os termos e condicións

Financian:
interritmos-financian
Organiza:
interritmos-organizan

Aviso Legal – Política de privacidade

Política de cookies

Interritmos © 2022

Todos os dereitos reservados