Sábado, 25 de setembro. Náutico de San Vicente do Mar (O Grove)
13:00 – 13:45 h. XORNADA. Hai futuro!. O relevo na música tradicional
O legado cultural chega a nós e somos responsables de mantelo vivo. Como gardar o latexo da cultura tradicional respectando a súa armazón?
A resposta pode ser tan sinxela como complexa: novos tempos, novos aires.
Marcos Bárcena.
Cantante, compositor e multiistrumentista recoñecido no panorama musical de Cantabria.
Sábado, 25 de setembro. Náutico de San Vicente do Mar (O Grove)
16:00-18:00 h. ENCONTRO MUSICAL
Actuación dos 6 finalistas de Interritmos sons do rural e selección dos gañadores.
Xurado: Marcos Bárcena, Pablo Díaz e Olga Kirk.
Amenizará o evento o grupo de música tradicional Alvariza, da Asociación Cultural A Regionalista
Sábado, 2 de outubro. Praza de España. Porto do Son.
19:00-19:30 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
19:45-20:30 h. XORNADA. Herdanzas e sons: cociña da festa
Non sabemos a orixe da música, máis podemos asegurar que é tan consubstancial á humanidade como a linguaxe e moito máis, é emoción, coñecemento, comunicación, é manifestación de cultura e subxectividades: Non hai muiñeira sen xota, nin romaría sen foliada!
Montse Rivera.
Mestra de baile tradicional no eido da cultura galega.
20:45-21:15 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
Venres, 8 de outubro. Aldea Modelo de Trascastro (O Incio)
18:00 h. VISITA A ALDEA MODELO DE TRASCASTRO
18:30 – 19:15 h. XORNADA. Encaixes e co-protagonismo da música tradicional / de raíz nos espazos da festa.
Os carteis da festa/festivais son reflexo da sonoridade da mesma. Cal é a cabida da música tradicional/de raíz nos mesmos? Que papel xoga?
Susana Seivane.
Gaiteira, herdeira de tradición con aire fresco.
19:15 – 19:45 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
20:00 h. DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LOCAIS, DA ALDEA MODELO DE TRASCASTRO.
Sábado, 9 de outubro. Conxunto etnográfico das adegas centenarias de Vilacha de Salvadur (A Pobra do Brollón)
13:00 h. EXPERIENCIA ADEGAS DA MEMORIA NAS ADEGAS CENTENARIAS DE VILACHA DE SALVADUR (A POBRA DO BROLLÓN)
13:30 – 14:15 h. XORNADA. Novos camiños: transmisión dixital da música tradicional / de raíz.
Dise que a transmisión oral se perdeu, xa non ten cabida na sociedade actual. Como se traduce a era dixital no eido da música tradicional?
Estamos fronte a unha nova forma de oralidade?
Xabier Díaz.
Pandereiteiro por paixón e de profesión.
14:30 -15:00 h. ACTUACIÓN GRUPO GAÑADOR INTERRITMOS SONS DO RURAL
15:00 h DEGUSTACIÓN PRODUTOS LOCAIS E CATA DE VIÑOS DA D.O RIBEIRA SACRA.
MODERA AS XORNADAS: Luis Pardo.
Presentador Hoy por hoy (Cadena Ser- Galicia)
PRESENTA: Julia Pozo.
Mestra e investigadora de música e baile tradicionais.
Financian:

Organiza:
